martes, 6 de marzo de 2018

Trail do Castelo -distancia maratón- (24-02-2018)

PRÓLOGO:
Venres de tarde, arrancamos para Quiroga. O de ter un compañeiro que teña autocaravana está de puta madre. E o de ir en grupiño falando de chorradas non ten prezo.
Íamos con tempo suficiente para escoitar o "charla técnica" polo que, por fin podíamos dicir que saíamos con tempo dabondo. Iso foi ao sair claro, porque despois foi como foi. Despois de pasarnos o desvío e chegar mesmo a Monforte de Lemos. -¡¡Xa non chegamos!!. 
Bueno, ou si chegamos pero non chegamos á "charla". O caso é que cando baixamos do trebello, facía un frío que "nin dios" e as risas quedaron dentro da auto. En fín, ao que imos. Collemos dorsal e entramos no auditorio para escoitar a "charla". Entramos e ... ala, aplausos e saímos. Acabouse a charla. Non se pode dicir que non estivemos ehhh, ora foi chegar e rematar. 
Tal e como chegamos, arrancamos para cear, que era moita marabunda a que viña detrás nosa ao mesmo sitio e á mesma cousa. 
No Chapacuñas foi chegar e atopar mesa que non o poden dicir todos os que viñan perseguíndonos. Gañar non gañaremos carreiras, ora que pillos, somos moi pillos de nuestro señor jijijiji.
Comezamos a ver xente coñecida e a disfrutar falando. Está claro que só nos vemos de cando en vez, e de carreira en carreira. A cea moi rica, e antes de ir durmir, aínda dou tempo de saudar a toda a jarnachada que alí había. Cando nos demos conta, xa só quedábamos nós no "restaurant". Arrancamos para a autocaravana e eu xa me metín nas mantas tal cual estaba vestido. O frío andaba detrás miña.
6:30 da mañá, levantámonos para almorzar e prepararnos para a carreira. O frío era espantoso pero gracias a él acordámonos de quentar antes da saída. 

SAÍDA:

Ultra e maratón saímos xuntos. Despois de sacar a foto con Iván e Roberto, dámonos as "boas sortes" e preparados para a saída. Cada un tiña a súa estratexia, como supoño que tería o resto de corredores. 
Unha vez dada a saída e pasada a ponte, vexo o número de xente que vai por diante, sobre uns 50 corredores de ámbalas dúas distancias. Non estou en mala posición, pero sí quero estar nunha posición cómoda cando o camiño se estreite. Co meu ritmo cansino, pouco a pouco vou adiantando corredores que, sobre todo, paran a sacar roupa e paus de trekking. Recordo que nunha das pendientes, saín da pegada principal e co ritmo que levaba adiantei sobre 15 corredores en 50 metros. 
No km6, xa o grupo ía estrajallado e todo se volve máis cómodo. Bueno, cómodo no referente a que podes e pódenche adiantar máis cómodamente.  

Pasado o primeiro avituallamento e xa polo km9, unha pista forestal que ascende, podo ver o que vai por diante. Varios corredores vense subindo amodiiiiño. Eu sigo co meu ritmo e pouco a pouco vou "atrapando bichería". Sentíame moi ben, pero claro, íamos no km10, aínda quedaba moito. O vadeo do regato pensei que ía ser peor pois, non me gusta nada a auga, e menos que esté xeada, pero á larga, foime perfecta (ao final explícoo). Voltamos a coller pista forestal, na que sigo adiantando corredores e recordo ver a Blas que me dixo "Booooa", unha palabra que lembrei ao longo do trail, neses momentos no que en algo tes que pensar. Cando me din conta, xa estabamos no punto máis alto da carreira (A Torca), aló polo km15. Ao lonxe podía distinguier a Fernando Cancelo que ía no ultra, e que pouco a pouco fun collendo de referencia para levar ritmo. Foi precisamente na baixada, onde lle din caza e adiantei. Ao fin e ao cabo, non tiña nada que ver a súa carreira coa miña. Pero tanto lanzarme, na carballeira anterior antes de coller a pista cara Outeiro (km16.8), batín de fuciños e manquei un xeonllo que, ben pensei en que alí remataba a miña carreira, pero pouco a pouco fun aguantando a dor ata chegar ao avituallamento de Outeiro, no que pouco parei, pero no que os ánimos da xente e voluntarios me deron forzas para sair de alí escopeteado e coa mente en darlle caza aos corredores que levaba diante.

Se algo tiña claro nesta carreira foi que levaba os tempos e o ritmo estudiados e no avituallamento de Outeiro ... "claveino", de ahí a euforia.

Comezaba un fermoso percorrido dende Outeiro a Rugando, cun sendeiro de encanto e con fermosas vistas que me transformou nunha especie de corzo (ou máis ben raposo ... pola pillería ;)). Estaba disfrutando e iso sentíase no ritmo. Pouco a pouco ía acercándome aos corredores de diante e por atrás non se avistaba a ninguén. O camiño xeado, a xiada que transformaba o verde en branco, o ruído, ... todo era especial.

Sobre o km23 dou caza "a medias" a unha parella de corredores que non coñecía, digamos que eran foráneos. Na baixada vertixinosa que nos levaría ás cordas e ao paso do río, fun capaz de coller a un, pero o outro era "unha especie máis desarrollada". Levábame unha distancia non superior a 80 metros e cando cheguei ao río, mesmo pensei que caera nel, posto que foi visto e non visto. Non podía ser que en tan pouca distancia desaparecese coma se o comese a terra. Si, xa sei, estades querendo saber quenes eran. Pois eran Jordi Guerra e Sergio Besoy (ambos do club Valle de Camaleño). Con Jordi cheguei ao avituallamento de Rugando, pero saín antes que él e xa non volvín a coincidir, e a Sergio, non fago caso de volver a velo.

Dende alí a Paradaseca non recordo nada, pero do que estou seguro é de que estaba disfrutando e de que non temía polos que viñan detrás, posto que o ritmo constante que levaba non sería fácil de superar polos de atrás. E cando menos o esperas, chegamos a Paradaseca, onde comezo a coincidir con corredores doutras distancias. Por fin, vexo ao lonxe o avituallamento no que me ía parar a comer algo. O "mercado" estaba cheo de corredores, e nesto que me poño a coller un anaco de froita eeee, ñooo, un dorsal azul, non mo pensei en absoluto e saín detrás del. Durante uns centos de metros fun tanteando e descansando, ata que vin que o ritmo que podía levar eu podía ser mellor que o que levaba Iván Pimentel (club Marqués de Vizhoja-Cornelios). Cando cheguei á súa altura xa me dixo que ía fundido. Acababa de subir un posto cando non o esperaba, ou alomenos, non esperaba a este corredor.

Polo km36, subida xa a última cota importante da carreira, puiden votar un ollo atrás, e vin que Iván "seguía vivo", pero xa había distancia dabondo como para que me superase. Onde tan mal o pasada na edición "da nevada", estaba agora voando.
E sobre o km37, tropezo con outro dorsal azul, era Miguel Angel Carmona (club Lodeiros), que ía tamén reventado. OOOh meu deus, como pode ser!!!. Estaba en postos de podium, e iso amigas e amigos meus, dache aaaalas. Os últimos quilómetros estaban para sufrir e así ía ser. Puxen un ritmo constante, pensando que era o perfecto para chegar sen problemas e que non me adiantasen. Creo recordar que mirei unha vez para atrás a altura de O Castelo e na subida a meta. A escasos 100 metros do final, subiume polo corpo algo especial, difícil de describir pero que vos xa sabedes ou supoñedes que é o conto

E colorín colorao, cheguei á meta en 4:38:04, pechando o podium absoluto na distancia Maratón, por detrás do bejarano e claro favorito Alfredo Gil (4:09:57) e de Sergio Besoy (4:33:28). Os aplausos souberon a gloria.

E xa, unha vez collido folgos, non me retirei de onde o avituallamento de meta. Alí comentamos a "xogada" cos presentes, onde estaba un gran número de Jarnachas. 

POSTACARREIRA:

Estirar ben, pensar na fazaña que acababa de conseguir, xa que, como moitos dos que van ler este tostón, o obxectivo era un top10 ... e mira ti, atópome con isto. O adestramento e a constancia teñen o seu fruto e ao carallo.

A Jarnachada que alí había arroupoume unha vez finalizada a carreira e é que, cando somos moi iguais, as "pezas" acóplanse mellor. Non dudaron en darme todo o que precisaba e comezaba a desfrutar a carreira (ou postcarreira) despois do esforzo feito.

Esperei tamén polos meus compañeiros de viaxe, Roberto non tardaba en chegar e Iván, a Iván aínda lle quedaban quilómetros. O ultra non é calquer cousa.

Coa fame que tiña, decidín ir comer, mentres que Roberto non quixo vir, seica non tiña fame (manda carallo). E aló me fun, coa familia adoptiva.

Cando nos demos conta, tiña que recoller o trofeo no podium, polo que tiven que rematar de comer ás presas. 
E cando nos demos conta, xa había que voltar para A Coruña. 

Foi unha fin de semana (venres e sábado) estupendas.

P.D. O percorrido desta carreira, así como toda a organización, ten algo especial, algo que atrae e ogallá non morra de éxito. Noraboa a toda a organización e longa vida ao trail.