martes, 10 de octubre de 2017

II Trail Ribeira Sacra (01-10-2017)

Non hai como ter un compañeiro
que teña unha autocaravana.

O sábado pola tarde arrancamos para Luintra (Nogueira de Ramuín), onde pasaríamos a noite e poder levantarnos xa na zona de saída.

Recordo que 3 semanas antes, o obxectivo era quedar entre os 10 primeiros, 2 semanas antes, xa era quedar entre os 20 primeiros e unha semana antes da carreira, o obxectivo era acabar. Por qué, pois o corpo xa non recupera coma de novo, e os achaques non perdoan.

Por se fora pouco a dor de tobillo (sí, aínda teño molestias dende o trail de Cuntis), había que sumarlle un forte golpe na tibia que me provocou unha periostitis del "copón" e o catarro que me collín nesta última semana (levo anos sin saber qué é iso do catarro, pero colleume forte).
Pola noite tampouco durmín moito, polo que a ver cómo se nos daba. 

SAÍDA:

Primeira gracia: case chegamos tarde á saída. Foi xusto chegar ao bagón de cola e non deu tempo nin a saudar aos corredores. O de quentar, tampouco era moito problema, posto que xa iríamos quentando nos primeiros quilómetros ajjaj. 

Un punto de inflexión foi no km 7, na primeira baixada forte. onde me atopo nun grupo duns 8-10 corredores. Aínda que eu baixo moi mal, o resto baixaba peor, así que pedín paso e funme solo. Despois, viría unha forte subida, onde podía ver ao grupo de diante, onde se atopaba o meu compañeiro Iván Brea. Xa polo medio da subida, podo ver na parte de abaixo ao grupo perseguidor. Acaba  de sacarlle un bo tempo a todos eles. A partir deste punto, a sensación que me deu foi que fun soio durante todo o trail. Sí recordo que nun avituallamento (km 19) me dixeron que ía Iván Brea e Álvaro dos Jarnachas a un minuto diante e que acababa de adiantar a un corredor que posteriormente me adiantou no avituallamento, pero que din conta del uns kilómetros máis adiante. Dende ahí ata o avituallamento do km 23 (2:45 horas de carreira), parecía un trasno solitario no monte. Foi neste avituallamento cando, por arte de maxia, aparece Jose do Cas, que foi un visto e non visto. Quixo que fóramos xuntos, pero vendo como o vin, mellor sería para min ir só. O tipo ía tan sobrado que mesmo pensei que estaba escondido detrás dalgún carballo e que acababa de iniciar a carreira. En fin, cousas que pasan pola cabeza cando non chega suficiente osíxeno. 

O obxectivo que levaba de facer os primeiros 25 km en 3 horas, claveinos.

E cando me din conta, xa estaba no Parador de Santo Estevo, no avituallamento do km30. Parei un pouco máis do que o fixen nos anteriores, e sempre mirando cara atrás, posto que o ritmo comezaba a ser inferior ao estipulado e temía que xa me estivesen collendo algún corredor. 

A partir de aquí, creo que xa non volvín a coincidir con ningún corredor e a fatiga e o cansancio notábase no meu corpo.

No km 43,5 no último avituallamento, encaixábamos no percorrido cos do trail curto e deume algo de vidilla, polo menos para coller referencias. Ainda que o ritmo non era moi grande e as forzas eran poucas, esforceime por ir adiantando aos do curto. 



Ía achegándome ao km 48 e non se vía Luintra por ningures, mesmo pensei que o gps marcaba mal. 

Por fin casas, chegamos. A baixada cara meta fágoa a bo ritmo, sabedor que non hai máis que correr despois da meta. 






Finalmente 6:01:48 horas en meta e 8º posto da xeral. O obxectivo estaba en 6 horas. É dicir, fun un pouco máis lento do esperado pero moi contento de participar, así como da posición e o tempo. 



O post-carreira, un espectáculo. Digno de mención. Os voluntari@s que alí hai mí madriña. E a comida e bebida, aquelo parece unha boda. Noraboa á organización.