martes, 11 de julio de 2017

V Trail Vila de Cuntis 02-07-2017

Case me deixo liar pola chavalada de Ponteceso o día anterior.

Nunca correra este trail e a verdade é que foi duro, divertido e moi técnico, aínda que me caese máis de media ducia de veces e esguinzara un pé na primeira parte da carreira. 
27,7 km 1600m+





O caso é que me inscribín ao trail longo, como as cabras locas. Sabía que non estaba para tanto trote, pero quería saber qué sensacións tiña e cómo me atopaba físicamente e mentalmente despois da Raid Gallaecia. Saín "reservón", pero creo que coma todo o mundo. 


En liñas xerais o trail para min foi algo así: 


No km 8 xa vou pensando en reservar máis do que vou reservando
No km 12 vou pensando en ..."esto hai que acabalo, así que paciencia que xa imos reventados"
No km 18 sigo pensando, pero desta vez ... "a ver se chegamos a meta"
No km 22 e xa moi resentido do tobillo, o único que penso é en rematar e meterme en auga fría, xa non sinto as pernas coa dor. 




Finalmente en meta na posición 12º. Non está mal, para o preparado que viña. Satisfeito de rematalo.

Chámame a atención que nada máis rematar teño as pernas agarrotadas e desfeitas, o que di o gran esforzo que fixeron e o pouco preparadas que viñan. Así se aprende tamén. 




Gran organización, cunha bolsa de corredor extraordinaria, con folletos do concello de Cuntis, cervexa artesá, queixo de Palo Santo, calcetíns Hoko e mel caseira. E post-carreira, churrasco e callos. Ahhh, e cervexa, ademáis de auga e isotónicos, todo elo amenizado polos amigos e compañeiros/as traileros (vendo isto, claro que hai que volver ...).








1 comentario: