miércoles, 19 de julio de 2017

Trail Encontro Monte Pindo (15-07-2017)

O Olimpo Celta, como tamén o chaman, ten un encanto especial, por eso atrae a miles de visitantes durante todo o ano.

Ás 17 horas daríase a saída, polo que fomos con tempo dabondo para facer turisteo e ensinarlle esta fermosa natureza ao meu fillo Marcos.
A calor era intragable, coma o ano pasado, ao que había que sumarlle un vento  molesto que non sabía se ía favorecer ou todo o contrario. Cansado, cun tobillo “estropeado” e con este panorama, andaba algo decaído durante todo o día. O previo da carreira faime olvidar por momentos todo isto, posto que, como todos os traileros/as sabemos, este deporte non é só correr, senón que ten moito de “sociable” e cachondeo.



Al lío.
A saída dábase pasadas as 17 horas, coa mesma calor que ao mediodía. Sairía reservón e coa cabeza en intentar acabar esos 30 km con 1600 m+. Preocupábame o nocello (tobillo). Antes de sair da Praia do Pindo e comezar con desnivel, vexo que vou da metade para atrás. Quizáis ese sería o meu lugar a día de hoxe. Nos primeiros 200 metros cara arriba vexo que ese ritmo de “ir andando” non vai comigo, posto que, aínda que lesionado, eu podo ir trotando. O problema é que agora non hai prácticamente sitio para adiantar polo que hai que buscar onde poder ir avanzando. Non tardamos en chegar á primeira pista e aquí avanzamos ao noso antoxo.

No primeiro avituallamento, vexo que non vou mal posicionado e que hai moita xente parada no mesmo e que non leva hidratación incorporada. A miña parada é moi curta, podendo adiantar a uns 8-10 participantes neste avituallamento. Neste pisteo vexo ao lonxe traileros que van non aire, cousa que eu non podo facer se quero chegar ata o final. Entre eles, distingo varios corredores que coñezo, polo que deben ser do grupo de cabeza (algo escajallados pero …). A carreira pasa por fermosos sendeiros cunhas vistas impresionantes da zona costeira. Pero logo volvemos a adentrarnos no monte. Unha baixada técnica antes de chegar ao segundo avituallamento avísame que teño un nocello “estropeado” e pouco antes de chegar a Caldebarcos (polo km 8) vou de fuciños ao chan gracias a unha desas silvas traidoras que abundan nesta Galicia.

Segundo avituallamento, onde me está esperando meu fillo. Alegría que me da. Xuntámonos varios corredores coñecidos, e xa sabemos que imos entre os 10 primeiros. Ufff, pois non vou mal. Cara arriba levo eu o ritmo, pero en llano e cara abaixo, non son quen de seguir a ninguén. Chegamos á división de distancias, ao que o voluntario nos informa que somos segundo e terceiro. Ostiaaas. O ritmo non era malo, pero non pensaba estar tan adiante. Polo camiño ía seguindo a carreira Martín Lestón (Jarnacho por excelencia) que nos ía informando de cómo transcurría a carreira. Durante un bo treito do percorrido, íamos intercambiando posición dende o segundo posto ao sexto (con Iván Brea, Roberto Vázquez, Marcos Trelles "O Jarnacho" mais eu). Caso do paso por San Cibrán, no que íamos todos en menos de 100 metros. 

Pouco a pouco, pasando "Cornido"? nunha subida longa, atópome que lle saquei unha boa distancia ao resto, que tamén ían estragallados. Comezo a baixar despois dunha pista deportiva metida no medio do monte e vexo que non me colle ninguén, supoño que lle saquei bastante subindo e que tardarán algo en collerme. Subo o cortalumes e non vexo nada tampouco. Ao chegar ao avitullamento (km 20), e punto de control intermedio, fáiseme extraño que aínda non me collesen. Atopábame ben, aínda que unhas 10 pulsacións por enriba do habitual, que lle achaco ao forte calor. A pouco máis de 2 km do alto da Moa e subindo, doblo o nocello. Vaia mala sorte. Teño que subir andando. Non tardo en ter dores nos músculos que están a traballar máis, para non forzar o nocello. E a pouco menos dun quilómetro do alto, pásame Xoán Rodríguez coma un lóstrego. Por atrás non vexo a ninguén máis. Desgraciadamente chego á fermosura do Alto da Moa, desgraciadamente, porque todo o que se sube hai que baixalo e non estou eu para baixar como as cabras. E sin pensalo, a 200 metros pasado o alto da Moa, doblo o pé coma nunca, botando un berro que nin os romeiros de San Fins do Castro. Vou coxeando durante bastante tempo e aullando cada vez que piso co pé esquerdo. Vaia tontería, pero parece que un queda máis a gusto. E uns minutos máis tarde, chega a miña altura Marcos Trelles "O Jarnacho" que lle deixo paso para que non me leve por diante. Faltaban aínda moitos quilómetros para meta e non sabía cómo ía responder o corpo e a mente.  Non tardo en perdelo de vista. Supoño que non tardarán en pasar Iván Brea e Roberto. Por fin chego ao último avituallamento. En teoría faltan 3 km. A pista debíame dar un descanso, pero o desnivel negativo mátame e non fago máis que pensar no nocello. Menos mal que quedaba unha lixeira subida e non todo era baixar. Por fin vexo ao lonxe as primeiras casas de  O Pindo. Cruzo a estrada e adéntrome na Praia. Ao lonxe xa se ve a xente na meta. Por detrás teño vista suficiente para ver cando chegan o seguinte corredor, polo que prefiro ir andando. Obviamente, os últimos metros da proba, fanse correndo, que foi o que fixen.  O cansancio era tal que incluso cheguei a marearme, cansancio físico, pero tamén mental.





A organización estaba en todo momento pendente dos corredores, sabedores do esforzo titánico que fixemos.

Por fin en meta, co meu fillo e en 4º posición da xeral e 2º na miña categoría vet. A .

Ducha, trofeos, conversas cos outros traileros/as e rodaballo de confraternización. Un día redondo e espléndido nestas fermosas terras de Carnota.


 Está claro que O Pindo engancha.








No hay comentarios:

Publicar un comentario