martes, 2 de septiembre de 2014

Trail das Pontes. 27 km (2:33:42)

Este domingo pasado decidin participar por primeira vez no Trail das Pontes, despois de que algún dos organizadores me estivese rompendo a cabeza dende a primeira edición.


Alá fomos, Pris, Diego e mais eu, os Brigantia Aventura.


O meu obxectivo non era outro que ver a organización dun evento destos, e como non, competir. Atópome nun bo momento de forma e aínda que algo canso despois do Raid de Picos de Europa, teño boas sensacións e hai que intentalo. 



Alí atópome con coñecidos, anda Ginés, Borja, Javier Estevez, corredores de NoSportLimit (unha morea deles), os Jarnachas, ... a organización e Felipe Oza, un amigo, que nos coñecemos na aventura do Ultra Trail Solidario "Camiño dos Faros". Alí estivemos conversando e charlando. E cando me din conta, coñecía a medio pelotón.

Bueno, a saída todo o mundo. Xa preguntara quenes eran os "pros", esos aos que non debo seguir se me da o arrebato. Como dixen, fun a ver as miñas posibilidades. Sen saber moito disto, creo que a saída foi moi moi rápida, cun primeiro km case a sprint. Colócome entre o grupo dianteiro e o grupo perseguidor, atópome cómodo con ese ritmo e, aínda que controlando, creo que vou cómodo. Chegan as primeiras rampas e sendeiros, e xa vou flipando coas vistas (serán as primeiras e as últimas, xa que case todo o percorrido vou mirando onde piso). Nun dos repeitos, paso a varios corredores cando o sendeiro o permite. Vou ben, adiantando e ninguén me adianta. Paso polo primeiro avituallamento e dinme que vou moi ben de posición (a saber cal é esa). O caso é que baixando parece que lle saco ventaxa aos perseguidores, ainda que non recorto tempo aos perseguidos. 

Nalgún tramo, parece que as pernas van máis cómodas e aproveito que disfruten ajjaja. No segundo avituallamento, vou collendo a unha parella de traileros. Van forte, pero consigo acercarme a eles, ata en dúas ocasión, pero nunca cheguei a unirme. Eu seguía ao meu ritmo, non fora ser que me desfondara. O caso é que no terceiro avituallamento (maxim), son capaz de comer e beber o suficientemente rápido como para adiantarme a un deles, o outro xa non o vin.

E unha vez despegado, non o volvo a ver mais. Unha posición ganada e quizáis esa non a volvía a perder. Na derradeira subida, consigo ver e acercarme ao que me precede, pero nunca o vin cerca como para, alomenos seguirlle o ritmo, polo que a partir de aquí xa fun controlando o que viña por detrás miña, que moi lonxe debía vir, porque non o volvín a ver. Último avituallamento onde me din que queda pouca subida e logo todo baixada ata As Pontes. E que vou 6. EEEEEHHHHH??. Comorrrr??.


Pois agora, chegados aquí, e sendo baixada e non vendo ao que me precede, hai que aguantar ata o final. Non ía ser fácil, xa me avisara o biceps femoral dereito, logo o esquerdo, logo o xemelgo dereito. Aguantar, esa era a clave. E cando xa me animaba o spiker dende a meta, a ese dorsal 66, o sexto clasificado, vai e dame un tiron dos rabudos no xemelgo esquerdo. A menos de 100 metros da meta e quedo paralizado. Tranquilidade que xa parará. E despois duns segundos, volve a relaxar e entramos a trote na meta, con sabor a gloria. Máis contento que un cuco. Non o podía creer. 

E así rematou a historia, o dorsal 66, quedando en 6 posición cun tempo de 2:33:42 .

Non será o último trail que corra ... Xa estou inscrito no Ancares3Trails



Por certo, a organización ... de matrícula. Aprendín moito. Xa me ronda na cabeza organizar un.


No hay comentarios:

Publicar un comentario