jueves, 25 de septiembre de 2014

Ancares3Trails

A emoción chegou minutos antes de pechar a meta do maratón. Fixéronnos chorar, fixéronnos ver que o mais importante non é gañar, senón conseguir os nosos propios obxectivos. Jana (e Diego Lanchiñas), gracias por darnos este final de etapa. 


A historia deste reto comezou un día en que recibín unha invitación polo facebook de Paco Abella. Non era a primeira vez que falaba no seu muro da beleza desa zona. O caso é que, primeiramente pensei, "este saberá moito de xadrez pero ¿que saberá de carreiras?", pero por outra banda pensei "algo ten que ter para que mo mande". Aló fun mirar o enlace e atopeime cunhas imaxes espectaculares dos Ancares. Pero para facer esas fotos, hai que subir moi arriba de nuestroseñor. Cando vin os desniveis e que o Ancares3Trails constaba de 3 probas, sentín unha atracción especial. 3 etapas: 


Unha media maratón con 850 metros de desnivel +. Con saída en Pereda de Ancares, pasando por Candín, Sorbeira, Villasumil, Espinareda, Suertes e chegada de novo a Pereda de Ancares. 






Unha carreira nocturna de 11,5 km cun desnivel de 450m positivo. Comezaba ás 20:30 horas, con saída dende Pereda de Ancares, para pasar por Tejedo de Ancares ata a antigua Ferreiría, e cunha pendente de "la leche" e un descenso rompedor ata Pereda.



E un durísimo maratón cun desnivel acumulado de 2750 m. por sendeiros de alta montaña. Con saída en Pereda de Ancares, ascenderíamos ao Cuiña para baixar logo a Suarbol e cruzar Balouta para ascender o Miravalles e unha vez arriba, unha baixada empinada ata Tejedo de Ancares e chegada a Pereda de Ancares.

Visto o regulamento e as características, non fixo falta facer moita forza para que alguén se apuntase. Ahí estarian Jana e Diego Lanchiñas. Decidimos facer un equipo mixto para ver as posibilidades en grupo. Unha semana antes, os coñecidos que ían a participar xa os contábamos por dúcias (Almu, Dani, Javi, Rivas, ...) , así que a fin de semana ía ser espectacular. Encontraríamonos con xente de sempre pero tamén con esos mozos cos que convivín o Ultra Trail Camiño dos Faros, alí estaba o Jabalí do Sacho, Superfresh, Javier Estevez, Rafa o asturiano, ...




A CARREIRA:
Chegada ao camping de Pereda aló polas 12 da noite do venres. Xa estaba todo o mundo deitado, menos nós. Tendas de campaña e a dormir algo. 

Sábado ás 8 da mañá en pé. Almorzo e recollida de dorsais e obsequios. Ás 10:30 horas daríase a saída. Estratexia: correr o máis rápido que se poda reservando un chisco para non dar vergonza nas seguintes etapas. 

Resultado: 13 posición cun tempo de 1:50:40 (9 senior). Non o creo nin eu. Comezo a pensar que me pasei e que o vou a pagar na nocturna e sobre todo no durísimo maratón do domingo. De repente, escoito pola megafonía que chega a primeira muller, era Jana jajjaja. Fantástico, estamos máis que contentos por ela. E cando poñen as clasificacións, vemos que estamos de primeiros en equipos mixtos. Andaaaa. Flipando estamos. 

Rápidamente imos andando a comer á vila, creo que no único restaurante que hai. Alí comemos en familia cos caravanistas (Rivas, Almu, Dani, Javi, Marco, Alberto ... a tropa enteira). E despois non hai quen nos saque a siesta. 



Nocturna: o obxectivo comeza a cambiar e pensamos que podemos optar por un podium en equipos mixtos, polo que decidimos en equipo. Eu ao meu rollo, a tolear e Diego acompañará a Jana a facelo o mellor posible. Dase á saída e saio coma un tolo, para intentar coller unha boa posición antes de que o camiño se estreite. Coller collina, pero cheguei desfondado ao quilómetro 4. Tocaba conservar e non mancarse. A subida durísima pero a baixada perigosísima, máis aínda co frontal que levaba. O pobre non alumeaba máis que un bagalume. Nesa baixada, pasáronme 5 coma lóstregos. Finalmente quedei de 19 na xeral (15 senior) cun tempo de 00:59:47. En pouco tempo chegan Jana e Diego, nun final de carreira espectacular entre Jana e outra corredora. Os resultados son bos para a clasificación por equipos mixtos. A ver cómo nos levantamos mañá. Polo de agora, toca comer en familia entre caravanas. Que ben o pasamos. Alí nos xuntamos unha boa tropa. As pernas e o cansansio vanse notando e o obxectivo destas horas é subirlle o ánimo aos máis cansados e mentalizar a Jana que o seu obxectivo sexa acabar e entrar nos cortes de hora. Aínda que parece débil de mente nun primeiro momento, logo daste conta que é túzara e terca e que consigue o que se propón.

Domingo ás 6 da mañá en pé. Nunha hora saimos ao maratón. Teño as pernas cansas e doridas. Hai frío. Almorzamos, cola-cao, sobaos e un café. Non sei se comería pouco para o que nos queda. 
Ás 7 dase a saída e eu aínda buscando un guante que me falta (material obrigatorio). Segundos antes logro entrar na saida. O obxectivo de equipo é que eu vou a facer tempo e Diego e Jana intentarían acabar o maratón, sempre pensando en pasar os cortes de hora.

Decido levar o frontal do día anterior que, aínda que non alumea moito, pesa menos que o outro e en nada farase de día. Aproveito a lucería do resto do pelotón e vou collendo posición. A primeira subida forte decido ir a "rebufo". Queda moito e visto o perfil da etapa, debe ser matadora. Non estou moi a gusto onde estou e decido tirar un pouco na subida ao Cuiña, pero o Cuiña non dá chegado, pregunto e pregunto e sempre me din "alí atrás", pero o alí atrás nunca chega.



O cresteo por esas montañas é precioso, e máis aínda ver amanecer por ahí arriba.


Polos corredores que adelanto, debo ir na parte dianteira do pelotón. Por fin toca a baixada. Moi técnica pero vou a ritmo. Na entrada de Suárbol, vexo a Javi que se retirara o día anterior. Visto o tempo que eu levo por ese punto, dígolle que van ter difícil pasar o corte xa aquí. A subida ao Cuíña é moi dura, e a baixada moi moi técnica. Minutos despois recordo que o corte está nas 3 horas e media, polo que teñen marxen para pasalo. No avituallamento vexo un pobo ilusionado e colaborador, unha xente amable e acolledora cos participantes. Da gusto. Non paro moito, posto que acabo de ver sair un bo grupo de corredores. Na subida da vila, xa me acerco a eles, adelantándoos antes de finalizala. Prácticamente xa vou só. Vou reventado e aínda non estou na metade da carreira. Teño fame e xa non me entran as barritas nin geles. En Balouta, hai un avituallamento sólido e líquido. Hai que chegar como sexa. Adelántanme 2 corredores. Esto quere dicir que os de atrás veñen máis fortes. Balouta non chega. A 1 Km intento avanzar máis rápido pero nada. Por fin Balouta. Por fin avituallamento. Xente aplaudindo e dando ánimos que se agradecen. Métome na Palleira (lugar do avituallamento) e métome un bo banquete (sandía, plátano, frutos secos, auga, veña sandía, e plátano, e frutos secos). 6 minutos tragando. Adelántanme ahí dentro 7 persoas alomenos. Non me preocupa. O caso agora é chegar. Penso en Jana e Diego. Tanto que lles comín a cabeza e agora penso que os acabo de meter nun compromiso demasiado grande, entrar nos cortes e finalizar o maratón. E aínda queda o máis duro, o Miravalles uufff.

Toca sair de novo, dende Balouta ao pico do Miravalles, non hai descanso, todo é subida. Subida que cada vez ten máis desnivel. Chego a un punto que non vexo ben por onde continua o percorrido e cando levanto a cabeza, puuuuff. Vexo aló arriba corredores zigzagueando pola montaña. Jooooder.

Bueno, paciencia. Morto, vou morto e de repente escoito o meu nome e un "esto non é nada para un da costa da morte", carallo eso é tocar o orgullo. Era Blas sacando fotos, unha persoa que non coñecía persoalmente, só de ser "amigos" do facebook. Avísame que quedan 200 metros para coronar, pero que a pendiente é matadora. Paciencia.
Cando vexo a corda para subir un tramo xa me collera Bardanca de Carballo, un rapaz que xa viñera o ano pasado e que coincidimos en etapas do Camiño dos Faros. A subida foi durísima, pero a baixada pode matarme. A pendiente é unha animalada, baixando de lado, pero parece que baixo ben, vou sacando máis distancia aos perseguidores e adelanto a un par de corredores que me pasaron na encherola de Balouta. Son consciente que agora é todo cara abaixo, así que decido coller un ritmo e aguantalo. Aguantalo ata que dou cos fuciños no chan. Costou recuperarme, cando estaba a escasos 100 metros dun corredor, que ao final souben que era a primeira fémina. Chego ao último avituallamento líquido e dinme que quedan 6 km (parecéronme 12). Non daba chegado. E iso que xa viña avisado polas notas que me dera Felipe Oza días antes. Ao final, acabo cun tempo de 06:10:01. Moi contento. Son finisher. 12 na xeral total cun tempo de 9:00:28. Flipante. Super cansado, pero moi satisfeito. 

Agora penso no calvario que pode estar pasando Jana e Diego. Van chegando corredores e persoas que estaban nos lugares de corte e informan que pasaron os dous cortes. O de Suarbol con 10 minutos de antelación e o de Balouta con algo máis de media hora. O problema, o Miravalles. Se continuaron, non hai marcha atrás e a dificultade é grandísima. Os retirados van chegando á meta. Decido escribir unha mensaxe ao mobil de Diego para sacarlle presión (sei que estos dous tolean tanto ou máis ca min). Minutos despois recibo a chamada de Diego, pensando que virían fora de tempo que Jana o estaría pasando moi mal coa súa lesión do día anterior, pero non, dime que están a 3 km e que chegarán en tempo. Que cabróns. Eu xa estou saboreando a rica paella, chorizo, viño, empanada xunto con Jabalí, Superfresh, Almudena e outros. Cando lles digo que entrarán en tempo, todo son alegrías. Pero fannos esperar. Faltan 45 minutos para o peche de meta e nada, 30 min, 15 minutos, 10 minutos. Nada, non chegan ata que chegan. Ahí veñen, faltando 8 minutos para o peche de meta. Jana desfeita, de lado e coa pata coxeando, e Diego animándoa. Teñen o recibimento que se merecen. Un gran número de corredores e familiares se agolpan na meta para darlle os merecidos aplausos. As emocións convírtense en lágrimas e abrazos. Tantas que ata o mesmo spiker se pon a chorar. E non sería él só nin nós, mesmo xente da vila que se acercara a ver o final se emocionou. Sencillamente sensacional. 
Agora tocaba comer algo e descansar. E por suposto ducharse. 

Chegou a entrega de premios e ahí xa a bordamos. 1 posto en equipos mixtos. 

Obxectivo cumprido. 


P.D. adicada a miña familia, da que lle restei tempo para poder adestrar e marchar as fins de semanas competir. Quérovos. 

martes, 23 de septiembre de 2014

Cpto. Ibérico de Raids de Aventura. Pontevedra

Con moita ilusión afrontei este Campeonato Ibérico de Raids de Aventura formando equipo con Diego Lanchiñas e Antonio. Xa me ten que gustar isto para non ir ás festas da miña vila e ir cansarme polos montes de Galicia adiante. Como asistencia, levábamos a Ana. Que gusto da levar de asistencia a alguén que sabe de qué vai este deporte. Sempre dando información de como vai a carreira, dos síntomas dos equipos, da dificultade que pode ter a sección, da alimentación, da roupa, pufff. Fantástica.

Ao lío.

Afrontábamos este noso segundo raid xuntos, con algo de respecto, xa que incorporaban ás disciplinas comúns ou de sempre (trekking, kaiak, btt) a de natación, e ben saben os meus amigos e amigas, que eu son animal terrestre. 


Visto o road book (ou libro de ruta), e sabedores que este raid tiña moito de estratexia e de pillería, o noso posto podería estar entre o 10 e o 12 (sempre tiro cara abaixo na clasificación), aínda que eramos conscientes de que quizáis, algún equipo dos que debería estar por enriba, non sería tan "pillo" coma nós, e é que a retranca que temos, tamén a levamos para as estratexias jajaj.

O caso é que nos esperaba un sábado con 130 km e 4000 de desnivel +. E xa non queríamos pensar no domingo. Disciplinas: natación, btt, kaiak, trekking e ori-específica, ademáis da orientación nocturna por Cabo Home e a escalada.

Comezamos coa natación ás 10 en punto da mañá no Encoro de Pontillón de Castro e, sinceramente, fixémolo como algún equipo "pro", pero ao noso estilo. Dóusenos peor sacar os traxes de neopreno. Tíñamos a continuación unha sección de btt de 60 km con 1600 m. desnivel + no que comezamos a remontar postos, xa que saímos de últimos da transición. Non se nos dou nada mal.

Chegamos á transición (Combarro), onde comemos un pouco, para afrontar a seguinte sección, kaiak pola ría de Pontevedra. Saímos do peirao e unha vez enfilada a ría, as condicións do mar estaban un pouco revoltas. Aquí comezou o calvario do compañeiro Antonio que, sendo de Arriondas, o piraguismo que practicou era en auga dulce, e
aos 5 minutos o pobre mareábase e dábanlle calambres nas pernas. Das 5 balizas que tíñamos pensado coller, decidimos deixar a máis lonxana (na última batea da ría) e coller a que estaba na primeira batea, as duas da illa de Tambo e outra na Cova da Moa, para desembarcar en Aguete. Chegamos a esta transición moi atrás, pero o problema estaba en Antonio, que non rexurdía. Cambiámonos de roupa e comemos e bebemos (e non era unha festa, máis ben parecía un enterro). O pobre do Antonio non daba de si. Logo dun bo anaco, decidimos arrancar para a sección de btt, suave e sen presas, e coller as balizas obrigatorias nada máis (aquí engañeinos un pouco, posto que había algunha baliza cerquiña de onde tíñamos que pasar e tamén colou). Nesos 23 km, fomos collendo forza de novo e chegamos á transición, na que entraríamos á sección de ori-específica.

Aquí a estratexia que levábamos foise ao garete (soubémolo a posteriori). Decidimos picar as balizas que poidéramos en media hora. Grave erro, posto que aquí podíamos coller moitos puntos e finalmente penalizamos moitísimo na clasificación. O caso é que Diego, o que menos leva o mapa e polo tanto orienta, parece que o pasou un pouco mal facendo a súa ori-específica, pero esto fixo que Antonio recuperase a cor. E si nesta o fixemos fatal, arriscamos saíndo na seguinte sección, btt, onde saíamos co tempo moi xusto para poder rematala antes do horario de peche de sección. 24 km a toda pastilla, na que collemos bos camiños e boas estradas, chegando con 8 min de adelanto ao peche da sección. Agora tocaría descansar ata as 22 horas. Cal foi a sorpresa que todos os equipos que sairon na categoría élite a esta sección, só 4 chegamos dentro do horario, polo que penalizarían toda a sección.

Ás 22 horas, sección ori-específica por Cabo Home, con peche de sección á 1 da mañá. Costounos entrar no mapa, tanto que perdemos 9 minutos. Pero unha vez entrado, fomos quen de orientar soiños. Isto digoo, polo rosario de equipos que estaban a seguir a varios equipos "pros", que tampouco lles importou que o fixesen. Esta sección pareceume moi fermosa e daba gusto ver o cabo cheo de luceciñas por todas partes.
Unha vez rematada, e antes de ir descansar, sacaron as clasificacións provisionais do día, e cal foi a nosa sorpresa que estabamos 6, e tíñamos a tiro o 5 e 4 posto. A estratexia fallara, pero estabamos en bo lugar. Iso si, para a etapa do domingo tocaría atacar.

Domingo. 40 km de btt e rappel e 5 km de ori-urbana. O obxectivo, intentar coller, alomenos 4 puntos máis que os 2 equipos que tíñamos diante. A sección foi dura, pero saímos mentalizados do esforzo que había que facer. Aínda que nas primeiras balizas o percorrido escollino por nós foi máis lento, creo que non era tan duro e, aínda que sempre víamos a esos dous equipos por diante nosa, cara o final da sección, vimos como arriscando un pouco, conseguimos facer esas 2 ou 3 balizas de mais. Xa estaba resolto. Estaba. Ata que apareceu a ponte onde había que facer o rappel. Un bonito rappel de 30 metros en volado. Bonito si, pero a cara do noso Antonio cando o viu foi de pánico extremo. "Yo de ahí no bajo". E ainda que o intentamos convencer (eran 4 puntos), vimos que ía ser imposible, polo que a estratexia e o esforzo podería irse ao garete. Pois nada, continuamos e facemos a última sección do raid completa e xa con gañas de rematar. E así foi. Unha fermosa ori-urbana no casco de Pontevedra que rematamos tranquilamente.

Raid finalizado.

E duas semanas despois, ahí temos a clasificación final definitiva. 5 posto na categoría élite. Moi moi satisfeitos.



martes, 2 de septiembre de 2014

Trail das Pontes. 27 km (2:33:42)

Este domingo pasado decidin participar por primeira vez no Trail das Pontes, despois de que algún dos organizadores me estivese rompendo a cabeza dende a primeira edición.


Alá fomos, Pris, Diego e mais eu, os Brigantia Aventura.


O meu obxectivo non era outro que ver a organización dun evento destos, e como non, competir. Atópome nun bo momento de forma e aínda que algo canso despois do Raid de Picos de Europa, teño boas sensacións e hai que intentalo. 



Alí atópome con coñecidos, anda Ginés, Borja, Javier Estevez, corredores de NoSportLimit (unha morea deles), os Jarnachas, ... a organización e Felipe Oza, un amigo, que nos coñecemos na aventura do Ultra Trail Solidario "Camiño dos Faros". Alí estivemos conversando e charlando. E cando me din conta, coñecía a medio pelotón.

Bueno, a saída todo o mundo. Xa preguntara quenes eran os "pros", esos aos que non debo seguir se me da o arrebato. Como dixen, fun a ver as miñas posibilidades. Sen saber moito disto, creo que a saída foi moi moi rápida, cun primeiro km case a sprint. Colócome entre o grupo dianteiro e o grupo perseguidor, atópome cómodo con ese ritmo e, aínda que controlando, creo que vou cómodo. Chegan as primeiras rampas e sendeiros, e xa vou flipando coas vistas (serán as primeiras e as últimas, xa que case todo o percorrido vou mirando onde piso). Nun dos repeitos, paso a varios corredores cando o sendeiro o permite. Vou ben, adiantando e ninguén me adianta. Paso polo primeiro avituallamento e dinme que vou moi ben de posición (a saber cal é esa). O caso é que baixando parece que lle saco ventaxa aos perseguidores, ainda que non recorto tempo aos perseguidos. 

Nalgún tramo, parece que as pernas van máis cómodas e aproveito que disfruten ajjaja. No segundo avituallamento, vou collendo a unha parella de traileros. Van forte, pero consigo acercarme a eles, ata en dúas ocasión, pero nunca cheguei a unirme. Eu seguía ao meu ritmo, non fora ser que me desfondara. O caso é que no terceiro avituallamento (maxim), son capaz de comer e beber o suficientemente rápido como para adiantarme a un deles, o outro xa non o vin.

E unha vez despegado, non o volvo a ver mais. Unha posición ganada e quizáis esa non a volvía a perder. Na derradeira subida, consigo ver e acercarme ao que me precede, pero nunca o vin cerca como para, alomenos seguirlle o ritmo, polo que a partir de aquí xa fun controlando o que viña por detrás miña, que moi lonxe debía vir, porque non o volvín a ver. Último avituallamento onde me din que queda pouca subida e logo todo baixada ata As Pontes. E que vou 6. EEEEEHHHHH??. Comorrrr??.


Pois agora, chegados aquí, e sendo baixada e non vendo ao que me precede, hai que aguantar ata o final. Non ía ser fácil, xa me avisara o biceps femoral dereito, logo o esquerdo, logo o xemelgo dereito. Aguantar, esa era a clave. E cando xa me animaba o spiker dende a meta, a ese dorsal 66, o sexto clasificado, vai e dame un tiron dos rabudos no xemelgo esquerdo. A menos de 100 metros da meta e quedo paralizado. Tranquilidade que xa parará. E despois duns segundos, volve a relaxar e entramos a trote na meta, con sabor a gloria. Máis contento que un cuco. Non o podía creer. 

E así rematou a historia, o dorsal 66, quedando en 6 posición cun tempo de 2:33:42 .

Non será o último trail que corra ... Xa estou inscrito no Ancares3Trails



Por certo, a organización ... de matrícula. Aprendín moito. Xa me ronda na cabeza organizar un.


Raid de Picos de Europa

Definitivamente creo que debo facer a crónica de este Raid. Quizáis porque creo convinte ter no meu blog, un recordo do que pasou ou do que sentín. E por iso, antes de nada, ahí vai a miña pequena honra e os meu honores a este corpo de rescate. O meu máis sincero pésame ás familias, compañeiros e amigos destes 3 gardas civís. 






E como a vida continua, aló arrancamos Diego Lanchiñas, Antonio e mais o que escribe, cara terras Astures e Leonesas, para participar neste Raid Picos de Europa. O obxectivo era como unhas vacacións, disfrutar do que máis nos gusta, en boa compañía e ademáis nun lugar privilexiado. 


Venres noite, aloxados na casa dos pais de Antonio e un levantar case sen ganas de ir a correr. 2 horas de mareos, despois de recoller ás nosas asistencias (si, levábamos 3 asistencias, coma os pros).
Comeza o raid ás 12 da mañá do sábado cunha orientación semiurbana polos arredores de Puebla de Lillo (León). O tempo estimado para os primeiros equipos era de 45 min. Finalmente os primeiros fixérono en 1:30 min. 


 Mal comezamos. Creemos que as etapas non foron testadas. A segunda sección era btt + natación. Íamos onde queríamos, entre os 10 e 15. No lago, volvemos atopar algo raro, os 500 metros de natación, convertéronse en 900 m. E o peor é que vimos que non había lancha de seguridade. Diego nada coma un delfín e sae da auga recuperando tempo cos equipos de diante. A bici dásenos ben. Na sección 3, trekking e escalada. Con algúns erros por culpa das cores do mapa, conseguimos recortar de novo cos equipos que nos precedían e alongar a distancia cos que veñen atrás. Imos mellor do esperado. Volvemos a cagala nunha mala elección de ruta, pero saímos ilesos e con ganas. A escalada, non se me dou mal. O cansancio comeza a aparecer.



Continuamos cara a transición. Toca btt de novo, sobre 20 km. Faise noite no camiño. A orientación non vai mal, con pequenos erros sen interés. O importante, seguir en carreira ata o domingo ás 12 da mañá. Xa vemos a algún equipo que foi demasiado rápido e está acusando problemas físicos. Nós ao nosoChegamos á transición e decidimos comer e cambiarnos. Con tranquilidade. Xa era noite pechada e tíñamos por diante a sección 6. Un trekking moi esixente. As forzas ían debilitándose pero íamos controlándoas como podíamos. Nesta sección unímonos os dous equipos Brigantia Aventura, na ascensión a unha das balizas, a que ía á ermita. Os ánimos foron subindo, charlando e cambiando impresións. A moral volveu a subir nos compañeiros máis tocados. Unha vez ticada esa baliza, veu a mellor decisión que poidemos tomar neste raid, penalizar todas as demais balizas desta sección. Vendo como estaba a noite, onde se atopaban as outras balizas e vendo o mapa, "Eso é unha ratonera e quizáis bastante perigoso para o noso equipo". A decisión, vista despois de finalizar o raid, foi a correcta. Cando chegamos de novo á transición, vemos que os equipos "pros" non chegaran. As cousas deben estar difíciles ahí arriba. Quizáis queden moitos equipos ahí arriba ata que se faga de día ou se lles complique a baixada. Arrancamos pois para a etapa de 60 Km de bici. Non foi nada fácil. A elección que collemos nun primeiro momento sobre o mapa, complicouse ao non existir un dos camiños marcados no mesmo. Coincidimos ata 5 equipos na mesma posición, optando nós por volver cara atrás e elexir outra opción. Das case 8 horas que estivemos nesta sección nocturna, saco unha conclusión: "moitos km dos camiños para enlazar balizas, non eran ciclables en absoluto, demasiadas horas transportando a bici". Esto cómelle a moral a calquera. Demasiado sufrimento. Na transición infórmanos a asistencia que Damián tivo un grave accidente na etapa de trekking nocturna e que foi evacuado en helicóptero. Os nervios por saber o estado e cómo foi apodérase dos equipos que alí estamos. Despois de comer algo, penalizaremos o trekking longo (45 km) e dirixímonos á sección 8 (trekking e piragua). Un pouco de auga fresca non ben mal. Aínda que o percorrido feito foi pequeno (xa estaba chegando a hora de fin do raid), conseguimos sacar unhas risas e cachondeo ao sufrimento nocturno. Pasar pola ponte romana de Cangas de Onís nunha piragua, non se fai todos os días, e ademáis con público presente. O trekking que acompañaba a piragua, polo casco urbán de Cangas de Onís, e con tanta xente nas rúas, dounos un plus de alegría. Alegría ata que apareceu a nosa asistencia nunha bicicleta dicíndonos que o raid quedaba suspendido por "algo le pasó al helicóptero que iba a rescatar a Damián". Nese momento, e faltando menos de 300 metros para finalizar o raid (non tíñamos pensado facer a última sección), vénsenos o mundo enriba e os pensamentos van na dirección máis negativa que vos poidades imaxinar. Chegados a meta, vemos que algo moi grave tivo que suceder, posto que as caras dos que alí estaban non eran moi boas. A historia xa a coñecedes e está na prensa.Comemos en Cangas os dous equipos do Brigantia Aventura e voltamos rumbo a Galicia cun mal sabor de boca polo ocurrido. Non sen antes, para para cambiar de chofer varias veces. O cansancio fíxose notar.



Agradecer tamén aquí á nosa asistencia, ou máis ben as nosas asistencias, que fixeron que o raid se levase e se disfrutase algo máis. Moitas gracias guajes.